Vedra, A Coruña / La Coruña. (Galicia / Galiza).
X Carreira por Montaña A Camelia
O Club de Montaña Vértice celebra o décimo aniversario da Carreira por Montaña A Camelia cunha fin de semana de trail: ás habituais carreiras do domingo engadimos unha proba nocturna o sábado e a opción de apuntarse a probas combinadas de sábado e domingo. Con estes ingredientes volvemos ofrecervos unha aventura por paraxes cheas de historia, lendas e patrimonio: o bosque de ribeira do Ulla, as fervenzas do seu afluente, o Pontillón, os riscos de cuarzo nas beiras do lendario desfiladeiro do Gundián, os misterios do Pico Sacro e a súas vistas espectaculares, os xardíns históricos do Pazo de Ortigueira...
ℹ️ ¿Has detectado algún error?
Si has localizado que faltan datos o incorrecciones, infórmanos mediante el
Formulario
de Contacto →