Marín, Pontevedra. (Galicia / Galiza).
O Concello de Marín e o Club San Miguel de Marín organizan a XXVII Milla Urbana San Miguel de Marín o sábado 3 de outubro ás 18:00 horas. A proba terá lugar no circuíto da Avenida de Ourense, nas inmediacións á Alameda Rosalía de Castro e estará baixo o control do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.