Vigo, Pontevedra. (Galicia / Galiza).
O Parque Forestal de Beade acolleu a presentación do Trail 14K Vigo, que se celebrará o luns 12 de outubro en horario de mañá. A proba, organizada pola área de Deportes da Deputación de Pontevedra en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e a Comunidade de Montes de Beade, busca promover o uso social e sostible dos montes periurbanos e concienciar sobre o seu coidado para previr incendios. Na programación tamén están previstas unha Andaina de 4,6 km e unha Andaina Familiar de 2,9km acompañada de guías para coñecer a biodiversidade do Monte de Beade e os servizos ecosistémicos que este ofrece.